2010-10-11

Portada de Aventura na Mariña (2010)


Atopei este debuxo mentres buscaba outro. Case sempre que vexo algún traballo de fai anos comezo a poñerlle pegas pola cor, pola composición, por isto ou polo outro. Con esta Maruxaina non me pasa. Gústame. E a vos?

Adeus (2010)


Sigo traballando no tema da emigración. O ano pasado intereseime polos "tipos" de episodios que lles aconteceron aos indianos. Desta volta voume centrar máis nos que se quedaron. Veremos.

Traseira da igrexa de Vilalba (2010)


Por este cadro déronme un accésit no II certame de Pintura Rápida de Vilalba (2-X-2010)

2010-07-28

Porta falsa (Lugo) (2010)


Pintando a luz que brota da muralla de Lugo

San Martiño de Foz (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Isabel de Castro (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Mariscal (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Igrexa do mosteiro de Lourenzá (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Igrexa do mosteiro de Lourenzá (2010)

Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Igrexa de Foz (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Praza da catedral (Mondoñedo),2010


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

2010-06-11

Arquitectura insostible VI, 2010


Os éxitos, tan escasos como esquivos, parece que no meu caso veñen da man do pequeno formato. Este cadriño foi seleccionado pola Galería Amaga na sua III bienal de pequeno formato. Unha parte das vendas será para sufragar custos sanitarios en Africa. A ver.

2010-04-19

Portadas (versións en galego e en español). (2010)


Xa está nas librerías "De acuarelas por Santiago". Editado por CUMIO. Con este libriño cumprín un sono. Pequeno, pero sono ao fin e ao cabo. Entre 1976 e 1988 vivín, estudei e, como case todos, saín de copas por Santiago. Daquela soñaba con publicar algún día un caderno de acuarelas sobre a nosa cidade. Oxe publiquei o libro "de acuarelas" mentras boto de menos os anos "de copas". Paradoxos da vida. Agardo que vos guste.

2010-03-27

Traballo en equipo (2010)


Nas horas de garda aproveito para facer apuntes dos alumnos. Mentres non se decatan quedan poses naturais.

2010-02-18

Praza de Salvador Parga (Santiago) (2010)


Aproveitando as ultimas luces do día para xogar á pelota fronte ás Casas Reais.

Praza das Campás de S. Xoán (Santiago) (2010)


De acuarelas por Santiago. Cántas historias enchen recunchos coma este!