2010-11-13

Isla del Caballo (2010)


Esta é a Illa do Cabalo, á que quero marcharme unhos meses. Só viven tres ou catro veciños silenciosos. Fíxenlle unha solicitude ao fareiro para que me acolla de inquilino. A cambio decorareille o seu faro cun mural cheo de estrelas de mar fugaces. Pois as estrelas ou son fugaces ou non son estrelas. Incluídas as de mar. Díxome que música e libros non iban faltar e que na bodega hai unhas 6500 botellas. Veremos.

1 comentario:

  1. Algún día podremos ver estrellas fugaces de mar, cuando vuelvas de ese faro y las viertas sobre el lienzo. Gran trabajo. Un abrazo.

    ResponderEliminar