Atopei este debuxo mentres buscaba outro. Case sempre que vexo algún traballo de fai anos comezo a poñerlle pegas pola cor, pola composición, por isto ou polo outro. Con esta Maruxaina non me pasa. Gústame. E a vos?
Sigo traballando no tema da emigración. O ano pasado intereseime polos "tipos" de episodios que lles aconteceron aos indianos. Desta volta voume centrar máis nos que se quedaron. Veremos.