2011-12-05

A noite do soldadiño de chumbo (150x100) (2011)



Noite de chumbo



que esmaga os sonos



e afoga as luces.



Soldadiño camiña erguido



combatindo as tebras



e velando casas e xogos.



Soldadiño quedache só



diante dun deserto



sen tártaros.

2011-10-28

"PULGASTEL". Novo álbum infantil. Everest (2011)



Acaba de saír a rúa un novo traballo en formato álbum infantil, editado por Everest dentro da colección Ler é vivir. Fixen o texto e as ilustracións. Xa imaxinades: os libros, o mar, as cousas pequenas,...

2011-10-22

Miguel (100x73) (X-2011)



O meu fillo Miguel, un pouco antes de cumplir os 16 anos, no planeta das ondas, dos decibelios e dos graffittis.

2011-10-13

Elisa (100x73) (2011)



Hoxe día de San JódeteEduardo rematei este retrato da miña filla Elisa a punto de cumplir os catorce anos.

2011-07-25

2011-06-06

4º premio no IV Certame de Pintura Rápida de Rábade (116x89) (VI-2011)



Camiño da estación. Estreito paso entre sombras e portas pechadas. Ao lonxe o andén a ningunha parte. Unha magnética escenografía para ocultar as vías mortas.



2011-03-24

Precariedade (100x81) (2011)


Fukushima ou a precariedade do noso mundo. Para o meu pais preferido. Para a miña viaxe soñada e para un pobo e unha cultura admirables.

2011-03-03

El rayo verde (92x73) (2011)


A fortuna quixo que o vira afundirse entre A Lanzada e a Illa de Ons. É tan raro como fermoso. Esta pintura é a portada da exposición na Galería MAES (MAdrid, III-2011)

Isla Cabaliño (116x73) (2011)


1´58 cmts. de complexión forte e razón firme empuxáronme a pintar unha nova versión da Illa do Cabaliño. Grazas polo título e, sobre todo, polo conto.

Belvedere Sur (116x89) (2011)


Máis pinturas novas para a exposición da Galería MAES (Madrid, III-2011)

Hábitat epicromático insular (81x65) (2011)


Hábitat insostible IX (30x30) (2010)


Belvedere Dickinson (70x50) (2011)


Sobrecolledora a poesía de Emily Dickinson. Para ela.

Mudanza epicromática (92x73) (2011)


Novas inquedanzas para a exposición da Galería MAES (Madrid, III-2011)

2011-01-14

Promesa epicromática insostible (146x114) (2010)

Si xa sei: este cadro está por aí abaixo, pero repítoo porque me concederon por esta obra a Mención de Honra no XXI Certame de Arte Galego "Domínguez Guizán" organizado pola Deputación de Lugo e pola Casa de Cultura de Begonte.