Mostrando entradas con la etiqueta 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2011. Mostrar todas las entradas

2011-12-05

A noite do soldadiño de chumbo (150x100) (2011)



Noite de chumbo



que esmaga os sonos



e afoga as luces.



Soldadiño camiña erguido



combatindo as tebras



e velando casas e xogos.



Soldadiño quedache só



diante dun deserto



sen tártaros.

2011-10-28

"PULGASTEL". Novo álbum infantil. Everest (2011)



Acaba de saír a rúa un novo traballo en formato álbum infantil, editado por Everest dentro da colección Ler é vivir. Fixen o texto e as ilustracións. Xa imaxinades: os libros, o mar, as cousas pequenas,...

2011-10-22

Miguel (100x73) (X-2011)



O meu fillo Miguel, un pouco antes de cumplir os 16 anos, no planeta das ondas, dos decibelios e dos graffittis.

2011-10-13

Elisa (100x73) (2011)



Hoxe día de San JódeteEduardo rematei este retrato da miña filla Elisa a punto de cumplir os catorce anos.

2011-06-06

4º premio no IV Certame de Pintura Rápida de Rábade (116x89) (VI-2011)



Camiño da estación. Estreito paso entre sombras e portas pechadas. Ao lonxe o andén a ningunha parte. Unha magnética escenografía para ocultar as vías mortas.



2011-03-24

Precariedade (100x81) (2011)


Fukushima ou a precariedade do noso mundo. Para o meu pais preferido. Para a miña viaxe soñada e para un pobo e unha cultura admirables.