2010-10-11

Portada de Aventura na Mariña (2010)


Atopei este debuxo mentres buscaba outro. Case sempre que vexo algún traballo de fai anos comezo a poñerlle pegas pola cor, pola composición, por isto ou polo outro. Con esta Maruxaina non me pasa. Gústame. E a vos?

Adeus (2010)


Sigo traballando no tema da emigración. O ano pasado intereseime polos "tipos" de episodios que lles aconteceron aos indianos. Desta volta voume centrar máis nos que se quedaron. Veremos.

Traseira da igrexa de Vilalba (2010)


Por este cadro déronme un accésit no II certame de Pintura Rápida de Vilalba (2-X-2010)