2012-06-03

Accésit Rábade (132x89) (VI-2012)

2012-03-11

Luz quebrada (116x81) (2012)


En Santo Tomé (Cambados) atopei este recanto no que a luz se quebra entre o Racionalismo e a irracionalidade. Luces e tebras pelexando sen tregua. Luz: non te vaias!

2012-03-02

Noviasinfobia (A-3) (2012)


Esta ilustración forma parte da exposición dos Ilustradores Galegos dentro do XIII Salón do Libro de Pontevedra. Este ano adicado á triscaidecafobia (fobia ao 13) e outras supersticións.

2011-12-05

A noite do soldadiño de chumbo (150x100) (2011)



Noite de chumbo



que esmaga os sonos



e afoga as luces.



Soldadiño camiña erguido



combatindo as tebras



e velando casas e xogos.



Soldadiño quedache só



diante dun deserto



sen tártaros.

2011-10-28

"PULGASTEL". Novo álbum infantil. Everest (2011)



Acaba de saír a rúa un novo traballo en formato álbum infantil, editado por Everest dentro da colección Ler é vivir. Fixen o texto e as ilustracións. Xa imaxinades: os libros, o mar, as cousas pequenas,...

2011-10-22

Miguel (100x73) (X-2011)



O meu fillo Miguel, un pouco antes de cumplir os 16 anos, no planeta das ondas, dos decibelios e dos graffittis.

2011-10-13

Elisa (100x73) (2011)



Hoxe día de San JódeteEduardo rematei este retrato da miña filla Elisa a punto de cumplir os catorce anos.