2011-03-24

Precariedade (100x81) (2011)


Fukushima ou a precariedade do noso mundo. Para o meu pais preferido. Para a miña viaxe soñada e para un pobo e unha cultura admirables.

2011-03-03

El rayo verde (92x73) (2011)


A fortuna quixo que o vira afundirse entre A Lanzada e a Illa de Ons. É tan raro como fermoso. Esta pintura é a portada da exposición na Galería MAES (MAdrid, III-2011)

Isla Cabaliño (116x73) (2011)


1´58 cmts. de complexión forte e razón firme empuxáronme a pintar unha nova versión da Illa do Cabaliño. Grazas polo título e, sobre todo, polo conto.

Belvedere Sur (116x89) (2011)


Máis pinturas novas para a exposición da Galería MAES (Madrid, III-2011)

Hábitat epicromático insular (81x65) (2011)


Hábitat insostible IX (30x30) (2010)


Belvedere Dickinson (70x50) (2011)


Sobrecolledora a poesía de Emily Dickinson. Para ela.

Mudanza epicromática (92x73) (2011)


Novas inquedanzas para a exposición da Galería MAES (Madrid, III-2011)

2011-03-02

Belvedere Rías Altas (116x89) (2010)


Pezas novas para a exposición na Galería MAES (Madrid, III-2011)

Trastobelvedere zíngaro (2011)


2011-01-14

Promesa epicromática insostible (146x114) (2010)

Si xa sei: este cadro está por aí abaixo, pero repítoo porque me concederon por esta obra a Mención de Honra no XXI Certame de Arte Galego "Domínguez Guizán" organizado pola Deputación de Lugo e pola Casa de Cultura de Begonte.

2010-12-08

Bo Nadal a todos (2010)

No 2011 celébrase o 50º do pasamento do gran escultor cambadés Francisco Asorey, polo que escollín a praza que leva o seu nome nesta vila como escenario para desexarvos unha boa entrada de ano a todos e todas. E, sobre todo, moita saúde.

2010-11-29

Carta de Cuba (2010)


Cando virá (2010)


Por estas ilustracións concedéronme o 1º premio no II Certame de Ilustración sobre a Emigración "Valle de Oro". Este ano centreime no drama e sofrimento que supuxo a emigración para os que se quedaron, sobre todo nas mulleres.

2010-11-13

Isla del Caballo (2010)


Esta é a Illa do Cabalo, á que quero marcharme unhos meses. Só viven tres ou catro veciños silenciosos. Fíxenlle unha solicitude ao fareiro para que me acolla de inquilino. A cambio decorareille o seu faro cun mural cheo de estrelas de mar fugaces. Pois as estrelas ou son fugaces ou non son estrelas. Incluídas as de mar. Díxome que música e libros non iban faltar e que na bodega hai unhas 6500 botellas. Veremos.

2010-11-05

Hábitat insostible VII (24x24) (2010)


Quero irme un par de anos de vacacións a unha illa como ésta. Cun faro e casiñas moi apretadas sobre a rocha dura e lonxana. Moitos libros, música, pinceis, acuarelas, mar e vento.

2010-10-11

Portada de Aventura na Mariña (2010)


Atopei este debuxo mentres buscaba outro. Case sempre que vexo algún traballo de fai anos comezo a poñerlle pegas pola cor, pola composición, por isto ou polo outro. Con esta Maruxaina non me pasa. Gústame. E a vos?

Adeus (2010)


Sigo traballando no tema da emigración. O ano pasado intereseime polos "tipos" de episodios que lles aconteceron aos indianos. Desta volta voume centrar máis nos que se quedaron. Veremos.

Traseira da igrexa de Vilalba (2010)


Por este cadro déronme un accésit no II certame de Pintura Rápida de Vilalba (2-X-2010)

2010-07-28

Porta falsa (Lugo) (2010)


Pintando a luz que brota da muralla de Lugo

San Martiño de Foz (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Isabel de Castro (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"

Mariscal (2010)


Do caderno de viaxe "Ruta Pardo de Cela"